CompostelaGastronomíaNovas

A Bodeguilla de San Lázaro súmase á de Santa Marta e regresa coa comida para levar

Desde hoxe, 8 de febreiro, poderemos volver desfrutar da comida da Bodeguilla de San Lázaro nas nosas casas. Despois dunhas semanas pechada debido ás restricións da pandemia da Covid-19, o restaurante compostelán únese á Bodeguilla de Santa Marta no servizo de recollida para levar e entrega a domicilio.

Os dous establecementos, que contan co selo de Galicia Calidade, seguen un protocolo de limpeza, hixiene e distanciamento físico que permite aos seus clientes gozar da mellor cociña sen saír de casa e de xeito seguro. (Se queres consultar restaurantes con este distintivo doutras localidades que tamén ofertan este servizo, podes facelo aquí). En relación a este selo, hai uns meses o seu propietario, Javier Míguez, contábanos nunha entrevista con Pincha que a súa idea “sempre foi montar un negocio onde a calidade dos produtos fose un referente”.

Pedidos

Os pedidos poden facerse a través de Just Eat España, ObviousEat ou chamando aos teléfono 981 56 66 07 (San Lázaro) e 981 813 520 (Santa Marta).

Na Bodeguilla de San Lázaro están abertos de martes a venres de 10:00 a 16:00 horas e de 19:30 a 23:30. Os sábados o horario é de 12:00 a 16:00 horas e de 19:30 a 23:30 horas (a partir das 22:00 só para entrega a domicilio). Os luns e os domingos  só traballan pola mañá, de 10:00 a 16:00 horas.

Na Bodeguilla de Santa Marta abren de luns a venres de 10:00 a 16:00 e de 19:30 a 23:30 horas e os sábados e domingos de 12:00 a 16:00 e de 19:30 a 23:30 horas (a partir das 22:00 só para entrega a domicilio).

Ámbolos dous locais teñen as súas cartas penduradas nas súas páxinas web. Aquí podes ver a carta da Bodeguilla de Santa Marta e aquí, a carta da Bodeguilla de San Lázaro.

Embutidos, xamón, queixos artesanais, unha ampla selección de viños, peixes, carnes, as súas coñecidas tixolas… que manxar vas elexir? 😉