Javier Míguez, das Bodeguillas: “A idea sempre foi montar un negocio onde a calidade dos produtos fose un referente”
Rebeca Munín
Bodeguilla de San Lázaro, Bodeguilla de Santa Marta, Galicia Calidade, La Bodeguilla de San Roque, restaurante

Os mellores embutidos, xamón, queixos artesanais, unha ampla selección de viños, peixes, carnes... tanto a Bodeguilla de Santa Marta como a de San Lázaro son dous dos locais con máis sona en Compostela polo ben que se come nelas. E ambas pertencen á plataforma Galicia Calidade Lecer, que agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería galegos con calidade certificada.
Xa cando abriu a primeira Bodeguilla, a de San Roque, hai máis de 30 anos, a idea era montar un negocio "onde a calidade dos produtos fose un referente". Explícanolo así Javier Míguez, o seu propietario, noutra das nosas entrevistas con empresas que conta so selo de Galicia Calidade e que podedes ver no seguinte vídeo.