fbpx
EntrevistasGalicia

Peter Schneider: “A fotografía analóxica é un proceso máxico”

O fotógrafo Peter Schneider naceu no 1963 en Frankfurt, Alemania, pero leva desde 1998 vivindo en Galicia, onde traballa para diferentes axencias de publicidade, empresas e editoriais.

Schneider é un fotógrafo analóxico, dos poucos que quedan. O seu proceso, baseado na paciencia, na previsión e no control, fanlle merecedor da marca de Artesanía de Galicia, xa que a súas fotos “medran” como se foran “maxia”. “É unha fotografía tocable, cun disparar moi pensado”, cóntanos Peter.

Na seguinte 'Entrevista con Xeito' podedes coñecer un pouco máis sobre o seu traballo e os procesos da fotografía analóxica.