fbpx

Gala aRi[t]mar

When:
15 Decembro, 2022 @ 8:30 p.m. – 10:30 p.m.
2022-12-15T20:30:00+01:00
2022-12-15T22:30:00+01:00
Where:
Teatro Principal
Cost:
Free

Todo preparado para a séptima edición da gala aR[i]tmar, que se celebra este xoves 15 de decembro a partir das 20.30 h no Teatro Principal. Xisco Feijóo, Wilma Vieira e Lúa Mosquetera recollerán os seus premios por teren producido o mellor da música e a poesía na Galiza e Portugal durante o pasado ano 2021, un galardón que tamén acadou a fadista, de recoñecida fama internacional, Ana Moura. O proxecto Ponte… nas Ondas! recibirá, pola súa banda, o Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona, polo seu traballo constante en prol do achegamento entre as culturas das dúas beiras do Miño.

Os convites para asistir como público a esta gala poden retirarse na web compostelacultura.gal. e na Zona C. Tamén, no do Teatro Principal o mesmo día do espectáculo desde unha hora antes do comezo do mesmo.

aRitmar

aRitmar Galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que tamén contou co apoio do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegármonos á cultura e á lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía. Trátase do único premio da música e a poesía galego-portuguesas outorgado polo público de ambas as dúas beiras do Miño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.