O lago dos cisnes, ballet de Ucraína
Seguindo a tradición e o espírito do ballet clásico, esta suntuosa produción do Ballet Clásico de Ucraína captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico de todos os tempos que chama a todas as xeracións.
En cada unha das presentacións, a motivación principal do Ballet Clásico de Ucraína é coidar as tradicións e esencia do ballet clásico máis puro, facendo delas un festexo para os sentidos co encanto dos seus vestiarios e a vistosidade das súas decoracións; xerando un equilibrio fascinante coa perfección das súas liñas e a sobriedade das súas coreografías.
Cos mellores bailaríns ucraínos dirixidos pola coreógrafa Natalia Kazatska, o Ballet Clásico de Ucraína, recrea con singular mestría as obras craves do ballet universal. Esta compañía emerxente con sede na cidade de Járkov, un verdadeiro referente deste xénero, é a encargada de levar a escena obras mestras como O Lago dos Cisnes, O Cascanueces, Giselle, A Bela Dormente, etc.
Unha cativadora historia de amor (un príncipe, unha fermosa nova transformada en cisne polo esconxuro dun bruxo, un engano mortal…), o virtuoso dobre papel de Odette/Odile, a forza da música de Tchaikovsky, e un dos máis grandes pas de deux do repertorio do ballet, ¡converten O Lago dos Cisnes nunha experiencia única!
Unha romántica contorna, unha coreografía espléndida e unha inesquecible historia de amor sentenciado combínanse para facer do Lago dos Cisnes un auténtico ballet clásico, aclamado polo público en todo o mundo.