fbpx

God Save the Queen

When:
7 Xullo, 2022 @ 8:30 p.m.
2022-07-07T20:30:00+02:00
2022-07-07T20:45:00+02:00
Where:
Palacio da Ópera A Coruña
Cost:
Desde 35 €

Quen os vira algunha vez xa sabe que God Save the Queen non ten rival á hora de invocar con todo detalle a maxia dos concertos de Queen. Con máis de vinte anos de traxectoria e o mérito de ser, en palabras de Rolling Stone, o «mellor show sobre Queen do mundo», o grupo arxentino sorprendería o mesmo Freddie Mercury coas milimétricas recreacións dos seus shows máis lendarios. Despois de participar na película “Bohemian Rhapsody” por petición expresa de Queen e 20th Century Fox, God Save The Queen volve cun novo espectáculo para celebrar os 50 anos da banda británica.

Durante o seu inigualable show teremos a oportunidade de gozar de temas de todas as súas etapas -desde o primeiro disco de 1973 ata Made in Heaven-, cambios vertixinosos de vestiario, xogos de luces propios dun concerto en Wembley, o fielmente logrado son Queen, e as destacadas actuacións dos integrantes de Dios salve a la reina coa insuperable interpretación -única no mundo- de Pablo Padín no rol de Freddie Mercury, que fan deste espectáculo o “evento do ano”.

Soarán éxitos como “We Will Rock You”, “We Are The Champions” e “Radio Gaga” entre outros, que nunca cansaremos de cantar.

Se cres que xa o viches todo, ponte cómodo/a e goza da mellor homenaxe a Queen de todos os tempos. Sen dúbida, o máis auténtico tributo a Queen xamais logrado.