fbpx

Javier Míguez, das Bodeguillas: «A idea sempre foi montar un negocio onde a calidade dos produtos fose un referente»

Javier, na Bodeguilla de Santa Marta. Foto: Iván Barreiro

Os mellores embutidos, xamón, queixos artesanais, unha ampla selección de viños, peixes, carnes... tanto a Bodeguilla de Santa Marta como a de San Lázaro son dous dos locais con máis sona en Compostela polo ben que se come nelas. E ambas pertencen á plataforma Galicia Calidade Lecer, que agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería galegos con calidade certificada.

Xa cando abriu a primeira Bodeguilla, a de San Roque, hai máis de 30 anos, a idea era montar un negocio "onde a calidade dos produtos fose un referente". Explícanolo así Javier Míguez, o seu propietario, noutra das nosas entrevistas con empresas que conta so selo de Galicia Calidade e que podedes ver no seguinte vídeo.