fbpx

OS NENOS DA VARÍOLA

When:
19 Febreiro, 2022 @ 6:30 p.m. – 7:30 p.m.
2022-02-19T18:30:00+01:00
2022-02-19T19:30:00+01:00
Where:
Teatro Principal
Rúa Nova
21, Santiago de Compostela
15705
Cost:
3 €

30 de Novembro de 1803: A Real Expedición Filantrópica da Vacina parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.

Pérez&Fernández, en coprodución co Centro Dramático Galego, presenta a adaptación á escena da novela de María Solar Os Nenos da Varíola. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filantrópica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida converteuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.