fbpx

O PODER DOS MUSEOS

When:
18 Maio, 2022 @ 11:00 a.m.
2022-05-18T11:00:00+02:00
2022-05-18T11:15:00+02:00
Where:
Museo do Pobo Galego

Este 18 de maio celébrase o DIM 2022 para o que o ICOM (Consello Internacional dos Museos) elixiu o lema O poder dos museos. O Museo do Pobo Galego, xunto a outros museos de Santiago de Compostela, van sacar ese día a alfombra vermella para recibir aos seu público, xa que é este o verdadeiro poder co que contan estas entidades.

O MPG, ademais, terá unha xornada de portas abertas, con entrada de balde o mesmo 18 de maio así como unha visita comentada á exposición Coreografías do facer. Imaxes do traballo feminino en Gustav Henninseng. Co traballo e as mulleres no foco, a exposición producida no ámbito da 17 edición da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) presenta unha selección de fotografías tomadas polo antropólogo Gustav Henninseng mentres percorría Galicia xunto a Marisa Rey, a súa compañeira, na procura de material para a realización da súa tese sobre crenzas e rituais.

Esta mesma xornada, ás 19h00, celebrarase o taller de pandeireta e outras percusións O poder das ferreñas. Un poder, o do ferro e o da pel, co que achegármonos o profundo dos nosos ritmos máis antigos que, curiosamente, son tamén os máis modernos. Experimentaremos á expresividade da música a través do noso corpo para soltarnos, desfrutar e contar cousas.

Este obradoiro está dirixido a persoas de 12 a 16 anos con calquera nivel de coñecemento e precisa de inscrición previa en servizosdeac@museodopobo.gal

O xoves 19 de maio ás 19h30 haberá unha sesión do Itinerario sonoro pola colección permanente, Son(em)peza. Será de balde con prazas limitadas asignadas por rigorosa orde de inscrición en servizosdeac@museodopobo.gal