fbpx

DIRECTO DE FREDI LEIS

When:
11 Xuño, 2022 @ 8:30 p.m.
2022-06-11T20:30:00+02:00
2022-06-11T20:45:00+02:00
Where:
Sala Capitol
Cost:
Desde 18 €

Fredi Leis lanza o seu segundo álbum de estudo “Temas Privados”, un proxecto con 10 cancións inéditas compostas desde cero por e para este disco. Durante estes dous últimos anos, o artista galego estivo traballando nun momento vital diferente e especial, que deu como resultado este novo álbum.

“Temas Privados” é unha fotografía de Fredi Leis onde se mostra tal e como é, da maneira máis honesta posible. Cun son moi auténtico e característico, en cada canción hai pinceladas e trazos de diferentes xéneros, coa súa propia historia, a súa propia paisaxe e o seu propio contexto.

Segundo palabras do propio artista: “Temas Privados” é o resultado destes últimos 2 anos buscando dentro de min o que quería contar e como o quería contar. Son 10 cancións inéditas compostas desde cero por e para este disco. Foron moitos días e moitas noites escribindo diante dun piano, un micrófono, un caderno e un ordenador; explorando, coñecéndome e entendéndome ata atopar a melodía exacta e as letras máis fieis ao que estaba a sentir en cada momento.

A partir do próximo 11 de xuño, Fredi inicia o seu Tour 2022 para presentar este novo álbum e lembrar éxitos de traballos anteriores. Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid, Valencia, Murcia, Sevilla, Málaga e Bilbao son as primeiras datas confirmadas.