fbpx

Concerto de Zetazen

When:
5 Marzo, 2022 @ 9:30 p.m. – 11:30 p.m.
2022-03-05T21:30:00+01:00
2022-03-05T23:30:00+01:00
Where:
Sala Capitol
Rúa de Concepción Arenal
5, Santiago de Compostela
15702
Cost:
Desde 19€

O artista madrileño Rubén Esteban, máis coñecido como Zetazen, anuncia a súa xira “Vacio Blanco Tour” que arrincará o 7 de xaneiro en Bilbao e pasará por 12 cidades en total terminando en Granada en abril.

O artista, que tantos éxitos está a cultivar, presentará o seu novo álbum “Vacio Blanco” por toda a península, ademais de todo o seu repertorio. Temas como «Me va bonito» e «404» foron algúns dos seus últimos hits e que seguro soarán en directo.

Tras a boa acollida deste novo disco tan persoal, no que o artista volve conectar co seu lado máis íntimo e co dos seus máis achegados seguidores, chegou o momento de darlle voz nos escenarios de 12 cidades de España. Volve a medicina para a alma.