CompostelaCulturaMúsica

Pamela Rodríguez presentará ‘Meigas’ este venres na Sala Riquela

A artista peruana residente na Coruña Pamela Rodríguez presentará o seu novo traballo este venres, 23 de febreiro, ás 21.00 h na Sala Riquela.

Rodríguez vén de publicar ‘Meigas’ (2023), un EP con seis cancións que, segundo indica, “representa máis de dous anos de profunda procura e un romance coa máquina”. A vocalista, que foi candidata en dúas ocasións aos Grammy Latinos, sinala tamén que a súa música “é unha carta de amor a Galicia, unha oda á natureza, a madurez, o salvaxe e a feminidade”.

O traballo inclúe unha primeira inmersión da autora no galego, co tema “Terra Dás Femias”, onde se suma a voz da recoñecida e apaixonada artista galega, Guadi Galego.

A referencia tamén inclúe “As nubes”, unha versión do grupo chileno Arranquemos el Invierno con Iván Ferreiro aos sintes e caixa de ritmos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.