fbpx
A CoruñaCulturaNovas

Música e gastronomía ata o 28 de setembro no Xardín Alhambra da Coruña

Onte asistimos á inauguración do Xardín Alhambra, que regresa por terceiro ano consecutivo á cidade da Coruña convertido nun espazo para gozar dos mellores plans e dun tardeo cervexeiro sen présa. Tras o éxito da pasada edición, repite localización no Parque de Santa Margarita (chaira Casa das Ciencias), ampliando a súa duración, do 31 de agosto ao 28 de setembro, e cunha programación baseada na música, a arte e a gastronomía.

Este oasis urbano, que conta novamente con terraza, zona de restauración e bar, albergará os mellores plans de lecer para seguir alongando o verán na cidade herculina. Concertos acústicos, DJ Session, catas, talleres de artesanía e Talleres de Tapas Sen Présa, guiados por chefs locais, son algunhas das actividades que albergará o espazo.

E é que o Xardín Alhambra converterase de novo no punto de encontro no que descubrir o mellor ambiente grazas a un enclave no que os visitantes poderán gozar sen présa todas as variedades de Cervexas Alhambra, e maridalas con gastronomía local na zona de restauración.

Podes consultar aquí a programación completa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.