fbpx
A CoruñaCulturaGastronomíaO consello de Lenzo

8M: compromiso ou estratexia?

O Consello de Lenzo

Por Uxía Blanco e Cata Mosquera de Lenzo Estudio

Comeza a etapa máis colorida do ano: no mes de marzo todos os logotipos serán violetas, azuis en abril e, durante o mes de xuño, todas as marcas se volverán multicolor. Pero, apoiar unha causa non debería ser algo máis que mudar unha cor?

En ocasións, os cambios non son tan sinxelos ou visibles como nos gustaría, e para ser coherentes cos valores do noso proxecto, non poden ser pensados e aplicados da noite para a mañá. Planificados con tempo e asesoramento, poden non só axudar a mellorar a imaxe da túa empresa, senón a conseguir xerar un impacto real.

Porque isto non vai de ‘subirse a todos os carros’, de angustiarse por buscar a maneira de intentar parecer o proxecto moralmente impecable en cada rede social... Recorda que non pasa nada por non estar presente en todas as datas sinaladas e, para que non pareza que o fas porque toca, por quedar ben ou como unha estratexia de marketing máis; busca comprometerte con aquelas causas que realmente son importantes para ti, o teu negocio e a túa clientela, e mira sempre máis alá.

Os consumidores xa non aceptan lavados de cara: ‘purplewashing’, ‘greenwashing’, ‘pinkwashing’… Mudar unha cor xa non é suficiente, para convencer precísase un compromiso real. Un discurso que vaia acompañado de accións durante todo o ano, cousas tan sinxelas como pararse a revisar se dentro da estrutura da túa propia empresa estás realmente a respectar o que queres predicar.

Pero entón... Como mostrarte socialmente comprometido? Cal é a clave para facelo con respecto e coherencia?

O compromiso é a estratexia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.