fbpx

CONCERTO DE DIOS KE TE CREW

When:
27 Maio, 2022 @ 9:00 p.m.
2022-05-27T21:00:00+02:00
2022-05-27T21:15:00+02:00
Where:
Sala Capitol
Cost:
Desde 15 €

Despois dunha longa tempada, os Dios Ke Te Crew están de volta!

Ao pouco de lanzar o seu último LP, «O Ciclo da Serpe» (DKTC Sons, 2019), a xira de actuacións viuse interrompida pola pandemia. Foi aí cando o grupo tomou a difícil decisión de non realizar actuacións en directo ata que as condicións, para público e banda, fosen axeitadas ao formato característico do seu show.

Pois ben, aproveitando esta «parada», Sokram, Mou, Jamas e Padre Murdock estiveron a argallar novos contidos… que traen coma froito un novo e agardado traballo, adiantado co videoclip/single «OG» (feat. Boyanka Kostova).

A banda de hip hop creada en Ordes no 2003 está a piques de celebrar o seu vixésimo aniversario… e traen moitas novidades.