Eusebio Méndez, xerente de Galifresh: “A calidade da horta galega é espectacular”
Eusebio Méndez é o xerente de Galifresh, unha empresa con selo de Galicia Calidade dedicada a envasar froitas, hortalizas e verduras frescas xa cortadas ou trituradas, para logo ofrecerllas ao consumidor no mercado. Traballan con produtos cen por cen naturais e galegos porque, tal como di Eusebio, a horta da nosa terra é “espectacular”.
Na actualidade están montando unha fábrica nova que esperan ter lista a finais deste ano. Son ademais centro social de emprego e o seu obxectivo é seguir crecendo tanto en Galicia como a nivel nacional.
A continuación, Eusebio responde ás nosas 'Preguntas con calidade'.