Xoias artesanais con carácter atlántico
Realizado en prata de Lei 925, este colgante Oslo ten a particularidade de contar cun acabado galvanizado marrón chocolate, combinado cun chapado en ouro na parte exterior.
A colección Oslo ten textura e brillo nun xusto equilibrio de harmonía e espírito viaxeiro.
O Obradoiro Ardentia leva 33 anos ofrecendo xoias con esencia atlántica, únicas e cun deseño contemporáneo. A garantía e a calidade de Ardentia están amparadas por Galicia Calidade.
Ardentia realiza tamén, por encargo, xoias únicas e personalizadas.