fbpx
A CoruñaCompostelaCultura

Os museos da Coruña e Santiago celebran o seu día internacional

Museo do Pobo Galego. Foto: Iván Barreiro

O 18 de maio os museos celebran o seu día. En 2023, o ICOM (Consello internacional de Museos) escolleu o lema Museos, sustentabilidade e benestar partindo de que os museos son institucións de referencia e fíos condutores do noso tecido social común, polo que están nunha posición única para fomentar o cambio positivo. O ICOM subliña as contribucións dos museos en campos como o apoio á acción climática, o fomento da inclusión, a loita contra o illamento social e a mellora da saúde mental.

Estas son as actividades que se organizan ata este domingo nos principais museos composteláns e coruñeses:

Museo do Pobo Galego

Co gallo do Día Internacional dos Museos, do 16 ao 21 de maio o Museo do Pobo Galego celebra xornada de portas abertas coa entrada de balde. Unha estupenda oportunidade para descubrir ou redescubrir o museo en San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela), a través da súa colección e salas. Aberto de martes a sábado de 11 a 18h e domingos e festivos de 11 a 14h.

Museo das Peregrinacións e de Santiago
O Museo das Peregrinacións e de Santiago organiza un obradoiro de estampe floral en teas, impartido por Beatriz Rocha o xoves 18 de maio de 11,30 a 13,30 horas.
O sábado 20 de maio, terán lugar unha ruta urbana de plantas silvestres a cargo de César Lema, de 11,00 a 13,30 horas, con inscrición previa no Museo, e un concerto de música coral do Coro Da Rá, nos soportais ás 19,00 horas. E o domingo 21 de maio, haberá un obradoiro de Mauro Sanín (A Central Folque), de 11,00 a 13,00 horas tamén nos soportais.
CGAC
Pola súa banda, o CGAC, tamén en Santiago, organiza o sábado 20 de maio a ruta de arquitectura contemporánea ‘O CGAC e outros fitos da arquitectura contemporánea compostelá’, dirixido por Carmen Rey, de 11,00 a 13,30 horas, previa inscrición, e talleres arredor da obra de Hassan Darsi En Dourado, de 11,00 a 13,00 horas, con inscrición previa, dirixido a familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos.
Tamén se impartirá o domingo 21 de maio para familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos. Para lle pór punto final á Semana dos Museos, o domingo, haberá unha visita especial aos espazos ocultos do CGAC, de 12,00 a 12,50 horas.
Museo Centro Gaiás
O Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura súmase a esta celebración cun programa de visitas comentadas especiais á exposición ‘Detrás do espello’ nas que descubrir, da man de Miguel Ángel Cajigal coñecido polo seu perfil
@elbarroquista, o traballo coa cultura popular e as comunidades locais de Galicia de sete grandes personalidades internacionais e como estas accións implicaron um mellor coñecemento e desenvolvemento da cultura.
A visita percorrerá as biografias de sete protagonistas da exposición, como George Chevalier, fotógrafo francés autor das primeiras imaxes en cor que se conservan de Galicia, tomadas 1917 na Coruña, Padrón ou Santiago de Compostela mediante a técnica dos autochromes, ou a musicóloga suíza Dorothé Schubart que realizou, en colaboración co filólogo Antón Santamarina, un extraordinario traballo de recollida da música popular galega que cristalizou nos sete volumes do Cancioneiro popular galego, e que hoxe é ferramenta indispensable para todo o sector da música de raíz. A actividade será de balde.

Museo Casa de la Troya

O Museo Casa de la Troya, que este ano conmemora o seu 30º aniversario, reabre este xoves, 18 de maio, Día Internacional dos Museos, comezando así a súa temporada de primavera-verán, que se prolongará ata mediados de outubro. Con motivo desta efeméride, celebrarase unha xornada de portas abertas o propio xoves, con visitas guiadas cada media hora para grupos cun máximo de doce persoas. O horario da Casa de la Troya é o habitual, de 11- 14 e de 16-20 horas. O museo abrirá de xoves a sábado ata mediados de xullo, e logo xa en horario continuado (de martes a sábado) ata outubro, pechando domingos e luns.
Museo de Belas Artes da Coruña
Na cidade da Coruña, o Museo de Belas Artes celebra este día internacional o xoves 18 de maio con visitas guiadas extraordinarias á exposición ‘Picasso branco no recordo azul’. O sábado 20 coa Noite dos Museos, haberá un horario especial de apertura, ata as 23,30 horas, e ademais celebrarase a performance lúdica colaborativa ‘Picasso infinito’, dirixida por Arkhé espacio educativo, na praza do museo con materiais reciclados, de acceso libre. Será das 19,00 ás 22,00 horas e, a partir dunha obra de Picasso, farase un xogo construtivo no que se empregarán pezas soltas de material reutilizado e de residuos recuperados.
MUNCYT da Coruña
Amplía o seu horario nesta xornada festiva para os museos, cunha apertura extraordinaria de 17:00 a 20:00 h. Visitas guiadas ao museo ás 17:00 h. (público familiar), 18:30 h. (con ILSE) e 19:00 h. (público xeral). Reserva previa ou en despacho de billetes. Tamén haberá unha visita guiada con Emma López-Bahut, Doutora Arquitecta e Profesora Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. A visita dará a coñecer un novo punto de vista do museo a través do seu edificio, un exemplo radical de arquitectura. Falará do proceso de deseño do edificio e das diferentes interferencias que se dan nel entre a arte e a arquitectura. Será o xoves 18 ás 18:30 h, con reserva previa ou en despacho de billetes. Ademais, organizan o concerto ‘Superorganismus’ con Tramontana e Luz González, unha peza electroacústica para frauta, viola, arpa e electrónica en directo, tamén o xoves ás 20:00 h.

Casa de las Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae
Os Museos Científicos Coruñeses celebran o 18 de maio cunha xornada de portas abertas en sus tres centros (No Aquarium Finisterrae con reserva previa). Ademais o sábado día 20 na Domus celebrarase a cuarta edición de Encontro na noite, unha xornada divulgativa sobre contaminación lumínica e preservación da oscuridade natural.

Museo Arqueolóxico. Sábado 20 de maio. Xornada de portas abertas, de 10 a 00.00 horas.

Casa Museo Picasso

Visitas teatralizadas. Ás 12.00, 17.00 e 19.00 horas. Inscrición no enderezo electrónico osnaufragosteatro@gmail.com

Exposición “El Guernica: Una viñeta universal, humor en la oscuridad”. .

Casa Museo Casares Quiroga.

Exposición: Salón de primavera. Asociación de Artistas de A Coruña. .

OBRADOIRO INFANTÍL – ARTE SOSTIBLE. Ás 18.00 horas. Público: de 6 a 12 anos. Prazas: 20. Require inscrición previa no teléfono: 639445202. Apertura de prazo de inscrición: venres 12 de maio ás 10.00 horas

Casa Museo María Pita

Exposición: Obra de María Braxe.

OBRADOIRO INFANTÍL – XOGANDO A SER PIRATA, na Praza das Bárbaras. 11.00 horas. Público: de 6 a 12 anos. Prazas: 20. Require inscrición previa no teléfono: 639445202. Apertura de prazo de inscrición: venres 12 de maio ás 10 h.

Kiosco Alfonso

Exposición En Pretérito Seguinte. Visitas guiadas ás 12:00 e as 17:00 horas. Require inscrición previa no enderezo electrónico: manuelsuarezarte@gmail.com. Apertura de prazo de inscrición: venres 12 de maio ás 10.00 horas.

Ás 19.00 horas, charla Proceso Creativo, con participación dos seis artistas da mostra: Correa Corredoira, Lara Pintos, Manuel Suárez, Mico Rabuñal, Pilar Cancio e Samuel Castro.

PALEXCO

Exposición O vento comenzou de novo. O mundo de Pablo Ruiz contado por Villalobo. Vsitas guiadas polo artista e o comisario da mostra, ás 13:00, 18:00 e 20:00 horas. Requiren inscrición previa no enderezo electrónico: villaloboexpo@gmail.com ous nos teléfonos: 656870563 – 630641813

OBRADOIRO INFANTÍL – SOMOS PICASSO. 12.15 horas. Público: de 6 a 12 anos. Prazas: 20. Inscrición previa no teléfono: 639445202. Apertura de prazo de inscrición: venres 12 de maio ás 10 h.

Sala de Exposicións do Palacio Municipal

Exposición de Raúl Álvarez. Pinta!. Visitas guiadas polo artista e o comisario da mostra, ás 13:00 e 20:00 horas. Inscrición previa no teléfono: 620365249

Actividades infantis na praza de María Pita, sábado 20

Deixa a túa Pegada. Mural Freestyle.

ArquiArte.

Quen vive aí?.

De 12.00 a 14.00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Público: de 3 a 12 anos. Non requiren inscrición.

Fundación Luis Seoane, domingo 21 de maio.

Visita guiada á  exposición “Xesús! 70 anos de Campos“, ás 12.00 horas. Para participar é necesario reserva previa no teléfono 981 216 015.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.