fbpx
CulturaGaliciaNovas

O Festival Atlántica levará este verán a narración oral a 27 localidades galegas

O festival de narración oral Atlántica programará este verán máis de 80 funcións en 27 localidades galegas para achegar a narración oral a todos os públicos, que este ano se celebrarán en lugares ao aire libre e de especial interese patrimonial, co apoio da Xunta de Galicia.

Atlántica contará cun total de 34 narradores nacionais e internacionais de distintos lugares do mundo como Guinea, Portugal, Brasil ou distintos puntos de España. Nesta novena edición se fará unha mención especial ao Camiño de Santiago como vehículo transmisor de historias. En total están previstas unas 80 funcións que se desenvolverán nas cidades, así como concellos como Pazos de Borbén, Teo, Lalín, Mondoñedo, Ribeira, Brión, Outes, A Estrada, Cuntis, Folgoso do Courel, Chantada, A Pobra do Caramiñal, Sarria, Palas de Rei, Arzúa, Oia, Arcade ou Castro de Rei. Escolleranse lugares de especial interese patrimonial ou natural como o Castro de Castrolandín, os Castelos de Castro Douro e da Frouseira ou a Colexiata do Sar, onde está prevista unha actuación conxunta ao redor do Camiño de Santiago, entre outras localizacións.

A iniciativa incluirá a participación de narradores como Thomas Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Valter Peres, Eugenia Manzanera, José Luis Gutiérrez ‘Guti’, Leticia Ruifernández, Pep Bruno, Anxo Moure, Atenea García, Avelino González, Brais das Hortas, Cándido Pazó, Celso F. Sanmartín, Charo Pita, Cris de Caldas, Fátima Fernández, Fran Campos, Larraitz Urruzola, Lorena Pinheiro. Ademais, contarase coa participación de Luis Prego, Manuel Gago, Marga Alborés, Marta Ortiz, Pakolas (Paco Cerdeira), Paula Carballeira, Pavís Pavós, Quico Cadaval, Ramiro Neira, Raquel Queizás, Santi Prego, Soledad Felloza, Vero Rilo e Xurxo Souto. A programación completa está disponible en www.festivalatlantica.gal.

Compostela

En Santiago de Compostela hai programadas, do 1 ao 10 de xullo, un total de 22 actividades, entre contos tradicionais galegos, romances, cancións, xogos, roteiros, documentais, para todos os públicos e para todas as idades, desde bebés ata os máis maiores.

As funcións programadas desenvolveranse en distintos escenarios, entre eles o Monte Viso, O Xardín de Fontiñas, a Alameda, o cemiterio de Bonaval, a cidade Vella, a biblioteca Ánxel Casal, a Carballeira de Conxo, a colexiata de Sar, o Centro Sociocultural do Romaño, a Praza de Cervantes, ou o Museo do Pobo Galego.