fbpx

“Recortes, caneos e outras formas de driblar”

When:
5 Outubro, 2022 @ 9:00 p.m.
2022-10-05T21:00:00+02:00
2022-10-05T21:15:00+02:00
Where:
Salón Teatro
Cost:
Entre 5 e 9 €

O Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta de Galicia, e Ainé Producións estrearán o próximo 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela Recortes, caneos e outras formas de driblar, espectáculo que abordará tanto a dimensión visible como a cara oculta do mundo do fútbol. O espectáculo mestura xornalismo, deporte e teatro nunha proposta escénica que xorde dun libro aínda inédito de Nacho Carretero. Tito Asorey será o responsable de dirixir a peza, que conta coa dramaturxia de José L. Prieto. 

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o do CDG, Fran Núñez, participaron no campo de fútbol do Villestro (Roxos) na presentación da obra xunto ao equipo artístico e de produción deste novo proxecto que abre a temporada escénica 2022-2023 da compañía institucional galega. Pisaron tamén o céspede Asorey, Prieto e Carretero, así como o representante de Ainé Álvaro Pérez Becerra e o elenco, formado por seis intérpretes: Xosé A. Touriñán,, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta