fbpx

Presentación do libro “Naturezas doentes” de Manuel Pizcueta

When:
15 Outubro, 2022 @ 7:00 p.m.
2022-10-15T19:00:00+02:00
2022-10-15T19:15:00+02:00
Where:
BLUE espazo de creación
Rúa da Cidade do Transporte B
2D
Santiago de Compostela

En BLUE, espazo de creación, o vindeiro sábado 15 de outubro ás 19 h. levarase a cabo a presentación do libro NATUREZAS DOENTES de MANUEL PIZCUETA. Do mesmo artista inaugúrase a mostra efímera: CATANOS DE OBRA VIVA. O evento contará coa actuación da Compañía de Danza Contemporánea TROMPO DANZA que presentará a obra: SERES.

Ao remate haberá unha invitación a viño e petiscos.

Manuel Pizcueta naceu preto do mar, no ano 1962. Pintor prolífico, escultor, creador de obxectos, artista comprometido de mirada ampla e mente inqueda. Nos anos 80 fundou en cangas, xunto con outos creadores, o grupo Leste e, posteriormente, A carón do mar. Ilustrou álbums infantís e colabororu no panorama cultural do Morrazo, deixando a súa particular pegada en carteis, logotipos, e publicacións diversas. Atraido pola escultura abstracta e a experimentación coa materia, foi desenvolvendo nas últimas décadas unha singular linguaxe escultórica en pequena dimensión. Paralelamente, a súa evolución pictórica desembocou nunha abstracción que esperta emocións intensas no espectador, xerando unha estimulante diversidade de significados. Naturezas doentes, recolle unha mostra representativa das súas últimas aportacións artísticas.