GRAN GALA DO CIRCO DE COMPOSTELA
Compostela é unha cidade de circo, numerosos artistas circenses residen na cidade e queren celebrar o seu día, facendo unha mostra do mellor do seu traballo cos mellores números dos colegas do estado. A Gran Gala de Circo contará cunha completísima variedade de números das disciplinas máis sorprendentes e arriscadas.
PorVezPrimeira presenta un programa dedicado á primeira infancia. Unha selección moi coidada de espectáculos para bebés e os, as máis pequenas da casa, que pretende que tanto o Auditorio de Galicia como o Teatro Principal se convertan no lugar da primeira experiencia cultural dos nosos e das nosas novas veciñas.
Recoméndase asistir con non máis de 2 acompañantes por bebé ou crianza. Deberase mercar unha entrada para cada asistente independentemente da súa idade.