fbpx
GaliciaNovas

Os VII Premios Martín Códax da Música xa teñen aos seus finalistas

María José é licenciada en Comunicación Audiovisual e música. Foto: Miguel Gandío
MJ Pérez. Foto: Miguel Gandío

O xurado profesional designado por Músicas ao Vivo para facer a primeira selección de entre as 577 propostas recibidas nesta sétima edición, vén de facer públicos os 60 proxectos musicais finalistas seguindo o proceso establecido dentro das normas dos Premios Martín Códax da Música Galega. Pasada esta fase, serán as socias e socios de MAV quen decidan, entre o 20 de abril e o 3 de maio, cal será o proxecto premiado de entre os tres finalistas de cada unha das 20 categorías.

A festa de finalistas que estaba previsto que se celebrase o día 15 de abril, tivo que adiarse por mor da situación actual. A nova data será o vindeiro 30 de setembro (sempre que as condicións en materia de coronavirus permitan a súa celebración). Como tódolos anos, nesta festa entregaráselle a cada un dos 3 proxectos de cada categoría o botellón de finalista de Martín Códax, empresa patrocinadora destes premios, organizados e promovidos por Músicas ao Vivo. No tocante á celebración da gala, prevista para o 6 de maio, tamén será posposta para unha data futura que se comunicará en breve.

Xurado profesional

A xurado profesional estivo composto por cinco profesionais de distintos ámbitos da industria músical. Pola parte das músicas e músicos contou con Ánxela Baltar, integrante da formación BALA e profesional da industria musical e Xosé Miguélez, saxofonista de jazz e mestre de música tradicional galega. Xunto con eles, Belén Regueira, xornalista pioneira na comunicación musical da música galega e Julio Gómez, promotor musical, xestor cultural e director do Festival Sin Sal foron outros dos participantes, lista que completou Patricia Cupeiro, docente e investigadora musical, ademais de xestora cultural.

Os membros do xurado salientan que foi “un arduo traballo” porque o número de inscritos e inscritas foi “moi alto”, pero están moi agradecidas e agradecidos de que dende Músicas ao Vivo tivesen contado con eles para esta tarefa.

Comentan que foi “un acerto grande” o feito de se ter engadido nesta sétima edición a categoría de bandas de música, xa que “son imprescindibles”, afirman. Ademáis, valoran moi positivamente o ter mantido as de verbenas e coros. Sinalan tamén que “hai que facer un esforzo non só para telos representados, senón para implicalos”, puntualizan.

Finalistas