fbpx

GOLFA

When:
19 Maio, 2022 @ 8:30 p.m. – 9:40 p.m.
2022-05-19T20:30:00+02:00
2022-05-19T21:40:00+02:00
Where:
Teatro Principal
Rúa Nova
21, Santiago de Compostela
15705
Cost:
14 €

Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que di “GOLFA”, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede.

Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tería relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran. Ata que non se aclaren os feitos a dirección do instituto decide apartar a Fran das súas clases.

Ante uns feitos cada vez máis confusos, a xuíza encargada do caso propón unha opción co ánimo de que a escalada de sucesos non vaia a máis: un acordo cordial consistente nun encontro online co sexólogo Jordán Gómez, unha sesión de sexoloxía á que han de asistir Fran, Amanda e a nai de Fran coa particularidade de que estes encontros serán de libre acceso online pedindo lista e identificándose. Todos/as seremos testemuñas desta sesión de sexoloxía.