fbpx

(Algunhas) Cousas de Castelao

When:
20 Maio, 2022 @ 8:30 p.m.
2022-05-20T20:30:00+02:00
2022-05-20T20:45:00+02:00
Where:
Centro Cultural Fernando Casas de Novoa de Sigüeiro

(Algunhas) Cousas de Castelao é a nova obra de Culturactiva Producións e a Asociación Avante, que se estreará o vindeiro 20 de maio ás 20:30h no Centro Cultural Fernando Casas de Novoa de Sigüeiro. Unha peza que pasea polo drama e a comedia e que é un achegamento ao humor na obra do xenio de Rianxo. O espectáculo está producido por Artefeito Producións e conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Un elenco encabezado por actores e actrices da Asociación Avante aos que se suman Isabel Risco e Fran Rei, converten esta peza teatral nunha reivindicación do teatro como ferramenta de inclusión. “Todo o mundo ten dereito a participar na cultura, non só a destrutala, tamén a creala” afirman dende Culturativa Producións. “Os proxectos como este, que normalizan e dan visibilidade á diversidade funcional, non deberían ser unha novidade senón unha normalidade”.

O público gozará dun divertido percorrido polos textos de Castelao, achegánsose á súa enxeñosa forma de ver a Galiza do seu tempo. As festas populares, as xentes do mar, a retranca, o idioma, a morte, o humor, o medo… temas locais e universais que siguen a preocuparnos hoxe en día.

(Algunhas) Cousas de Castelao ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede. “Queremos botar un ollo ao pasado para comprender mellor o presente e, de paso, facer rir ao público”, conclúen.

Ademais da estrea do día 20, xa están pechadas sete datas en sete Concellos grazas a xira de FalaRedes 2022.