fbpx

48º aniversario da Festa do queixo

When:
3 Marzo, 2023 – 5 Marzo, 2023 all-day
2023-03-03T00:00:00+01:00
2023-03-06T00:00:00+01:00
Where:
Arzúa

A 48ª Festa do Queixo celebrarase en Arzúa do 3 ao 5 de marzo e terá como pregoeiro ao actor Tamar Novas.

O alcalde da localidade, José Luís García, explicou que haberá 53 queixerías e un total de 68 postos no Recinto feiral, enchendo o límite establecido polo Concello e a organización para esta 48.ª edición. “Teremos como invitados aos concellos Boimorto e Melide e estará Trujillo, quen leva vindo varios anos como invitado, dado o noso irmanamento con eles, pero este ano por fin estarán presentes cun stand con venta de queixos desta bela cidade estremeña”, indicou. O recinto está dividido en 3 zonas:

A zona ‘A’ acollerá unha selección de 9 postos de produtos artesanais e gourmet de alta calidade, como doces artesáns galegos, chocolates, marmelos, pastas, madalenas de mirabel, sidra natural, zumes e aceites ecolóxicos, crema de castañas, mel e licores, conservas de Cantabria, azafrán e pimentón de la Vera, etc.

A zona ‘B’ (corredor central) será para as 11 queixerías con DOP Arzúa-Ulloa, as anfitrioas, e tamén o lugar onde estarán o resto de queixos das outras tres denominacións de orixe galegas, do Estado e Internacionais, ao igual que o CRDOP Arzúa-Ulloa e o Concello de Trujillo.

A zona ‘C’ para 6 queixerías con certificado de Produtores Lácteos Tradicionais (PLT). todos os queixos, tanto industriais como artesanais, e o resto de produtos alimentarios contarán co obrigatorio rexistro sanitario. igualmente están presentes o concello de Boimorto, a Asociación Melide Terra Doce e o centro formativo EFA Piñeiral.

Festival do Queixo

Alberto Alfonso, director do Festival do Queixo comentou a programación xa anunciada, comezando polos carballeses ’Apart’, gañadores do concurso ‘Queixo Maquetón’. O grupo levará como premio 1.300 € e actuará no Festival do Queixo  o sábado 4 de marzo.

Tamén anunciou para o sábado o concerto de Muchachito Bombo Infierno.  A banda madrileña que fora Premio da Música ao mellor álbum de rock alternativo, pechou un 2022 memorable, no que ademais de publicar ‘Trece’, o seu último álbum, alcanzou o número 1 na súa semana de lanzamento. Tamén comezaron a súa xira de presentación máis ambiciosa e foron elixidos para compoñer e interpretar a canción orixinal da última película de Paco Caballero: ‘Reyes contra Santa’. ​En 2023 continúan coa xira de presentación esgotando entradas alá onde van, e seguramente encherán tamén o campo da Feira o próximo sábado ás 22:30 h.

Outra das formacións que ten novidades é a das pandereiteiras Leilía, que actuarán o domingo ás 18:00 h tras máis de 30 anos de exitosa carreira. A súa proposta, inspirada nos cantos de transmisión oral, pensada para bailar e gozar da música galega desde un prisma moderno e contemporáneo seleccionada para representar a Galicia no Celtic Connection e unha das propostas gañadoras do premio Interritmos 2020. Mergúllanos no universo Folk, ou TRADI como prefiren denominalo, cuns impecables arranxos do saber musical popular. Unha nova proposta que vén do Folk para converterse en TRADI.

A rondalla Moraima formación arzuá animará a sesión vermú do domingo no campo da feira a partires das 12:30 h.

Avanzou tamén a sorte que supón contar con We are not DJ´s, este dúo destila unha paixón incontestable, emoción coidada, desapiadada, vándala e elegante, entre o desenfreo e a contención nun vaivén sutil. Un cóctel que mestura sen complexos nin compracencias a electrónica e o pop e o rock e indie. Non se repiten. Non hai trampa. Só paixón. Son contundentes desde o minuto un, saen a romper e saben poñer á xente para botar.

E qué dicir das Tanxugueiras. Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son tres cantareiras dunha nova época capaces de reinterpretar os sons da tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, o seu empoderamento, a  súa contundencia e o seu virtuosismo  vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como “trad”. Elas completarán a tarde do domingo coa súa actuación ás 19:30 h.

Finalmente, fixo un anuncio importante e agardado, pois anunciou que ás 22:30 h do sábado está confirmada a actuación de Sidecars, para os que Arzúa será o primeiro Festival en Galicia co seu novo disco. A banda madrileña que fora Premio da Música ao mellor álbum de rock alternativo, pechou un 2022 memorable, no que ademais de publicar ‘Trece’, o seu último álbum, alcanzaban o número 1 na súa semana de lanzamento. Tamén comezaron a súa xira de presentación máis ambiciosa e foron elixidos para compoñer e interpretar a canción orixinal da última película de Paco Caballero: ‘Reyes contra Santa’. ​En 2023 continúan coa xira de presentación esgotando entradas alá onde van. Lembrou que o acceso ao recinto será gratuíto ate completar aforo, e que contarase cun punto lila no recinto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.