Kinga Haudek: «Cada unha das miñas coleccións de xoiería artística é diferente»

Fotos: Iván Barreiro

Kinga Haudek é una húngara que veu estudar a Compostela e aquí quedou. Despois de pasar pola Escola Mestre Mateo, tivo claro que a súa vocación era facer pezas de xoiaría e decoración en prata. Agora podemos atopar a súa tenda-obradoiro na rúa de San Pedro.

Nesta 'Entrevista na corentena', dentro do especial con artesáns da cidade que contan coa marca Artesanía de Galicia que estamos facendo na revista Pincha, fálanos das súas fontes de inspiración como a natureza ou as rúas compostelás; e amósanos o seu traballo.