CompostelaEntrevistas

Minia Banet, de Studio Variopinto: “Creo que a xente valora cada vez máis o traballo dos artesáns” 

Por Rebeca Munín

Variopinto é o estudo creativo de bordado contemporáneo de Minia Banet. As películas e as series de televisión son as principais fontes de inspiración desta artesá compostelá. Con ela mantivemos  unha das nosas 'Entrevistas na corentena', dentro da serie especial con deseñadores da zona de Compostela que forman parte da marca  Artesanía de Galicia.