
Lorenzo Design é unha cooperativa dedicada ao deseño, elaboración e comercialización de pezas en madeira para a hostalaría e o fogar. A súa fonte de inspiración é a alta gastronomía e os seus clientes, os restaurantes tanto nacionais como internacionais.
Un dos seus membros, Fernando Sangiovanni, responde ás nosas 'Entrevistas na Corentena' que estamos a realizar con artesáns da zona de Compostela que contan coa marca Artesanía de Galicia.