fbpx

Presentación de “No día do seu enterro” de Cristina Pato

When:
28 Xuño, 2022 @ 7:30 p.m.
2022-06-28T19:30:00+02:00
2022-06-28T19:45:00+02:00
Where:
Libraría Couceiro
Praza de Cervantes
6, Santiago de Compostela
15704

Cristina Pato debuta como novelista con “No día do seu enterro”, publicada pola Editorial Galaxia na súa Colección Literaria (2022). Unha obra sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder sacar adiante unha familia.

“No día do seu enterro” é unha historia persoalísima que pon en valor a grandeza do pequeno, dos actos desinteresados, das accións que ninguén ve pero que son capaces de transformar a sociedade. Escrita e publicada en galego, a novela está dispoñible en todas as librarías de Galicia.