fbpx
EntrevistasGalicia

Cristina Velasco, de Anaquiños de Papel: “O origami é ioga mental”

Cristina e Bea Velasco son irmás e creadoras de Anaquiños de Papel, un estudo de deseño adicado á artesanía en papel. Levan desde 2014 facendo decoración en papel para todo tipo de eventos, como vodas, festas, presentacións…, e tamén obradoiros para empresas.

En 2018 recibiron o Premio Bolsa Eloy Gesto da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Se queredes coñecer máis sobre este proxecto, atentos á 'Entrevista con xeito' que tivemos con Cristina. A conversa enmárcase dentro do noso especial no que amosamos o xeito de traballar de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.