fbpx

OTHELLO

When:
26 Marzo, 2022 @ 8:30 p.m. – 9:45 p.m.
2022-03-26T20:30:00+01:00
2022-03-26T21:45:00+01:00
Where:
Auditorio de Galicia-Santiago
Cost:
12 €

Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano se namoran. Porén, contra o final do texto, ela morre asasinada por el. Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Unha mentira que, á súa vez, xorde da inseguridade e da crenza de entender, como propio, o que non se pode posuír. #BlackLivesMatter, #NiUnaMenos, #Posverdad e #FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que hoxe en día resulta próxima no tempo: en España, desde o ano 2013, morreron 1.053 mulleres asasinadas pola violencia machista.

Esta nova versión, nova visión que se constrúe coa apertura do espazo íntimo, as conversas e accións do universo feminino a través dos personaxes de Desdémona, Emilia e Bianca. Utilizando a comedia como xerador de discurso sobre a dor e a rabia, preguntámonos que podemos facer, desde o noso presente, para deter o tempo no relato.

Deter o tempo e volver sobre os pasos da historia para entender como chegou até ese punto. Detelo e propor ao público un debate arredor da construción do xénero, a percepción dun-ha mesmo-a e as relacións, e a propia estrutura, do sistema patriarcal.