fbpx

17 EDICIÓN DA MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO

When:
28 Marzo, 2022 – 2 Abril, 2022 all-day
2022-03-28T00:00:00+02:00
2022-04-03T00:00:00+02:00
Where:
Museo do Pobo Galego
Cost:
Free

O traballo centrará todos os aspectos desta 17 edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. A imaxe gráfica está feita a partir dunha fotografía dunha cheminea industrial, un elemento que remite aos procesos fabriles da modernidade, e á vez, a un modelo que se replega fronte á forte tecnoloxización e dixitalización. Unha cheminea rehabilitada e protexida cunha estrutura férrea conserva os recordos do que foi Regojo, o grupo empresarial con sede en Redondela que empregou desde finais dos anos 50 do século pasado e ata a década dos 70 a máis de 1.500 persoas. Regojo Fabricaba camisas de alta gama que se comercializaban en toda a Península Ibérica. Unha das súas marcas máis famosas foi a camisa “Dalí”, anunciada en televisión polo propio artista. O seu fundador, un zamorano próximo á raia portuguesa chamado José Regojo, empezou a súa traxectoria empresarial en Portugal. Alí coñeceu a súa futura muller, a redondelá Rita Otero, e ambos deciden trasladarse á vila pontevedresa e establecer nela a súa vida e tamén a sede de camisas Regojo. Tras décadas de presidir o día a día dos redondelanos e despois de converterse nun dos principais grupo téxtiles españois, a fábrica tivo que pechar a comezos dos oitenta. Dela só queda esa cheminea, fotografiada para esta 17 edición da MICE pola xornalista silledense Mónica Ares.

Pastora, unha das traballadoras de Regojo que estivo cosendo, planchando e facendo caixas nos últimos dez anos da fábrica, lembra a importancia que tiña esta empresa na vila. “Todo o mundo traballaba en Regojo!. Daquela, aínda sendo muller, non tiña medo a ir soa andando ao traballo ás cinco da mañá porque as rúas estaban cheas de xente que ía ao mesmo sitio, á fábrica de camisas”. Das prendas di que ”as camisas era do mellor que había, sentaban moi ben, eran perfectas”. Sobre o fundador da empresa téxtil tamén fala con cariño: “Don José (José Regojo), era o meu xefe, unha moi boa persoa e a súa muller, Rita Otero, non a coñecín persoalmente porque morreu antes de eu traballar alí, pero todo o mundo falaba dela como unha excelente persoa”. Da fábrica de Regojo só queda a cheminea: situada nun parque público con paneis informativos e rodedada dunha serie de elementos relacionados coa industria téxtil esculpidos en pedra polo alumnado do taller de garantía xuvenil Redondela Sostible.

Historias como esta e outras moitas, forman parte da memoria recente do traballo que van pasar polas pantallas da MICE este ano.

O festival conta co apoio do Museo do Pobo Galego, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e AGADIC e celebrarase do 28 de marzo ao 2 de abril en Santiago de Compostela.