Axenda
- Categories
-
Tags
a baña A banda da Loba A Corula A Coruña A Estrada A Pobra do Caramiñal aCentral Folque Acrobacias actividades Afundación Agadic Agolada Alameda Ames Apóstolo Apóstolo 2022 Area Central arpa arte arte urbana Artes vivas artesanía Artesanía de Galicia Artesanía no Prato Arzúa Ascensión Asociación Hostelería Compostela Atardecer no Gaiás Atlantic Pride Atlántica Auditorio Abanca Auditorio de Galicia Auditorio do Centro Sociocultural Ágora Auditorio do Fórum Metropolitano Ballet Banquete de Conxo Benéfico Bertamiráns Biblioteca de Galicia Biblioteca provincial da Coruña Biblioteca Pública Ánxel Casal Biduído BLUE espazo de creación Bodegas Martín Códax Boimorto Boqueixón Boucatise Boyanka Kostova Brión Café Derby caldo de gloria Cambados Camiño de Santiago Campus Sur Cans carreira Casa da Troia Casa da Trova Casa das Crechas Casa do Cabido Casa Museo Casares Quiroga Castelao cata CDG Cemiterio de Bonaval Centro Cívico do Ensanche Centro Cultural Fernando Casas de Novoa Centro Don Bosco Centro Dramático Galego Centro Social ABANCA Centro Sociocultural Ágora Centro Sociocultural de Santa Marta centros socioculturais cervexa Cervezas Alhambra CGAC Chévere Ciclo de Lied Cidade da Cultura cinema cinema galego Cinenterraza Cineuropa circo Ciudad Deportiva de Riazor Clusaga cociña Coliseum comercio comercio local Compostela Compostela Ilustrada Compostela swing concerto concertos concierto concurso Concurso Tapas Picadillo Conxo Coruña Cociña Couso Cristina Pato cultura cultura inclusiva cultura popular cultura urbana curtametraxe Curtocircuíto Danza debate debuxo Delas Fest Deluxe Día da Música Día das Letras Galegas Día de Rosalía Día dos medios en galego Día Internacional dos Museos dj Dospasos eMe Music Club Entroido Espectáculo Estrelas Michelin Estrella Galicia ExpoCoruña exposición Facom Fest Facultade de Xeografía e Historia Fanzine Fest Feira do libro Feirarrúa Feito a Man feminismo festa Festa da Filloa festa da uña Festa do Apego Festa do Banquete Festa do Queixo Festas da Ascensión Festas da Madalena Festas da Peregrina Festas de María Pita Festas do Apóstolo Festigual festival Festival +QJazz Festival Amal Festival Atlántica Festival C Festival Maré Figueiras Fillas de Cassandra filloa Focus Galicia Fonseca formación Fórum Metropolitano fotografía fotoxornalismo Fundación Granell Fundación Luis Seoane Fundación SGAE Galego Galicia Galicia en Copas Galicia Escena Pro Galicia Forum Gastronómico Galicreques Garufa Club gastronomía Grande Amore Hall Proa de Palexco Hens hostalaría hostelería Hotel Monumento San Francisco Humor igualdade Ilusionismo ilustración inauguración itaca jazz Jazz Filloa Kirk Fletcher La Bien Querida Lacónicas lamprea Lavacolla Leo Harlem lestedo Libraría Couceiro libro Liceo de Noia literatura Lorca Los Secretos Lucía Freitas Luigi Ludus Luz Fandiño Luz Poética Mag Edgard mago Mago Teto malabares María Magán Lampón María Pita Martín Códax Matarile Teatro Matogrande MEGA Mercado da Estrela Mercado das Nubes Mercado de Abastos Mercado de San Agustín Mercado Galego da Creatividade MICE Milladoiro Moda momentos alhambra Mon Band monicreques monólogo Monte do Gozo Morriña Fest Mostrart Muelle de Batería muller Multicines Compostela Multiusos Fontes do Sar Museo Casa de la Troya Museo Centro Gaiás Museo da Maxia Museo das Peregrinacións Museo do Pobo Galego música música contemporánea musical Nadal narración oral Negreira NH Collection NH Collection Santiago Nick Moss Band Noia Noia Harp Fest Noite Bohemia Noite do Patrimonio Noites do Porto noitiNHas Numax O Lagoeiro o Teatro Principal obradoiro obradoiros Orgullo 2022 Ortiga Os Catro Gatos Outono Códax Outono Códax Festival Pablo Milanés Padrón Palacio da Ópera A Coruña Parque de Bonaval Parque de Santa Margarita patrimonio Pazo da Peregrina película Pencil & Fork performance piano Picadillo Picasso pintura Plataforma poesía Praterías Praza 8 de Marzo Praza da Inmaculada Praza da Quintana Praza de Mazarelos Praza de Mª Pita presentación Prima23 Queen queixo Quintana Raniero Fernández Rebel Wine Fest Redrum Teatro restaurante Restaurante Casa Barqueiro Revera Vinum Riquela Riquela Club Roberto Verino rock Rosalía de Castro Rúa do Vilar rural rural galego rutas Ruxe Ruxe S8 Sala Capitol sala casablanca Sala eMe Music Club Sala Garufa Sala Malatesta Sala Mardi Gras sala rique Sala Riquela Sala Sónar Salón Teatro San Lázaro San Martín Pinario San Martiño Pinario San Pedro San Simón San Xoán Santiago Santiago(é)Tapas Satiago(é)Cóctel Sede Afundación da Coruña SELIC Sergio Dalma Sés SGAE showcooking Sigüeiro Soho Orzán solidario SolporSon swing Tanxugueiras tapas tatuaxes teatro Teatro Colón Teatro Principal Teatro Rosalía de Castro Teo turismo turismo sostible uñas usc Vedra Vibra Mahou viño viños Voadora WOS festival Xabier Díaz Xacobeo Xela Arias Xira Xoves de Códax Zahara Zona C
O trío Tanxugueiras pechará a súa xira ‘Diluvio’ cun concerto especial no Coliseum da Coruña no que contarán coa participación de máis artistas do panorama nacional. A alcaldesa, Inés Rey, presentou a cita musical xunto con Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olaia Maneiro, a quen lles agradeceu que escollesen A Coruña para celebrar o ‘Derradeiro diluvio’. “Unha cita especial para toda Galicia e que supón un gran orgullo que sexa na Coruña”, explicou.
Rayden, Rozalén, Guadi Galego, Muerdo, Mondra e Valeria Castro subiranse ao escenario do Coliseum da Coruña o vindeiro 16 de decembro para acompañar o trío de pandereteiras na gran foliada para a que aínda quedan sorpresas por confirmar. “Este será o concerto máis significativo que daremos ata a data, xa que é moi emocionante que tantos grandes artistas aos que consideramos amigos se unan para festexar a música como idioma universal” explicaron as artistas. As pandereteiras interpretarán desde cancións xa recoñecidas do seu repertorio como “Terra”, “Averno” ou “Aire”, así como novos temas aínda en colaboración con outros artistas como Ruth Lorenzo ou Juancho Marqués.
Mondra, un dos nomes máis destacados da nova escena emerxente galega, abrirá unha cita no Coliseum que promete ser unha gran cita histórica para a música en Galicia. “Galicia é a nosa casa e é o lugar que nos viu nacer e crecer como Tanxugueiras e é por iso que cremos que a mellor maneira de celebrar todo o bo que nos pasou nestes últimos anos é facelo coa nosa xente. Ademais, que se nos brinde a oportunidade de cantar nun sitio histórico polo que pasaron grandes artistas como Shakira, Marc Anthony, Aitana, Maná ou Sting, e poder facelo cunha proposta en galego énchenos de orgullo” sinalou o trío.
Rey lembrou que nos últimos anos o Concello da Coruña aposta forte pola cultura popular e tradicional a través das festas nos barrios, concertos no Castro de Elviña ou a posta en marcha do ciclo VANGAL así como as romarías no parque de Santa Margarida da man das agrupacións tradicionais da cidade. “O noso obxectivo sempre foi que A Coruña se manteña como a referencia cultural do Noroeste porque vai na nosa historia e iso debémosllo todo á tradición popular que nos fixo ser o país rico en cultura que somos”, sentenciou a alcaldesa.
As entradas estarán á venda ao público xeral o venres 1 de setembro ás 11.00 h través da web oficial de Tanxugueiras (www.tanxugueiras.com) e terán un prezo xeral de 22.50 euros máis gastos.
Ademais, como mostra de agradecemento e respecto polas raíces e os inicios do grupo, Tanxugueiras porá á disposición das máis de 500 asociacións de música tradicional galega rexistradas unha prevenda especial cun desconto dun 10% que comezará o mércores 30 de agosto, ás 11.00 horas e cuxo código estará activo ata o día 3 de setembro ás 23.59 horas. Ínstase a aquelas asociacións que queiran gozar do desconto que se poñan en contacto coa promotora PlayPlan e que desta maneira os e as súas afiliados poidan beneficiarse do código de desconto na compra.