fbpx

Verónica Moar, ceramista: «Cada unha das miñas pezas agocha unha historia»

Tanto pezas funcionais como artísticas son as que elabora a ceramista Verónica Moar e, en todas elas, trata de contar algunha historia. "Son aparentemente sinxelas pero hai que indagar nos detalles para ver onde está esa historia agochada", asegura.

A través delas tamén intenta falar da propia cerámica, "do que é o proceso, do material, da importancia que ten para min a técnica ou respectar o oficio", sostén.

Na seguinte 'Entrevista con Xeito', que forma parte do especial de conversas con artesáns e artesás que contan coa marca de Artesanía de Galicia, explica tamén, entre outras cousas, cales son as semellanzas entre a cerámica galega e a xaponesa.