fbpx
CulturaGaliciaNovas

Federico Pérez conducirá un programa especial en streaming para celebrar o Día dos Medios en Galego

Fede Pérez. Foto: Iván Barreiro

Tal e como explica AMEGA (Asociación de Medios en Galego) na súa páxina web, para medios coma o noso todos os días son o #DíadosMediosenGalego. E por iso, estenden a celebración dende o 7 de febreiro -data que aprobou por unanimidade o Parlamento Galego en 2018 para conmemoralo- ata o próximo sábado, 20 de marzo. Será entón cando, trala apertura das restricións sanitarias, festexarase a data que serve de nexo de unión entre os 140 medios que comunicamos na nosa lingua.

Será cun formato ‘Late Night’, presentado por Federico Pérez Rei. Emitirase en directo ás 18:00 horas, dende a Casa de Rosalía de Padrón, polas canles de Youtube, Facebook e Twitch de AMEGA.

Falarán sobre lingua, cultura, creación… e incluso contarán coa propia ‘lingua galega’ en exclusiva para a AMEGA.

O evento conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, ademais do apoio da Casa Rosalía.