fbpx
EntrevistasGalicia

Maialen Arranz, de Branqueta: “Fago cerámica cen por cen artesanal pero desde un punto de vista contemporáneo”

Por Rebeca Munín

Branqueta é un proxecto de cerámica que naceu fai dous anos da man de Maialen Arranz. "A miña idea era manter o traballo cen por cen artesanal pero dándolle un punto de vista contemporáneo en canto á estética e en como se achega á xente", explica.

Liñas sinxelas e cores neutros son algunhas das características do traballo de Maialen, que se inspira, entre outras cousas, na cerámica de China e Xapón, países aos que viaxou con frecuencia no pasado. "Cada vez hai máis xente que valora non ter o mesmo obxecto que ten todo o mundo, de produción industrial, e tamén a maneira de facer as cousas: que sexa sostible, local", opina.

Se queres coñecer máis desta artesá que conta coa marca de Artesanía de Galicia, non perdas a seguinte 'Entrevista con xeito'.