fbpx
CompostelaEntrevistasGaliciaTurismo

María Moas, do Hotel Pazo de Altamira: “A calidade poñémola sobre todo no valor humano, no noso persoal”

Por Rebeca Munín

Grazas á súa situación ao lado do Mercado de Abastos de Santiago, o Hotel Pazo de Altamira permite aos turistas meterse de cheo na vida de Compostela. "Sempre dicimos que a mellor decoración das habitacións son as vistas", comenta a súa directora, María Moas.

Con ela estreamos un novo especial de entrevistas con representantes de diferentes empresas que contan co selo de Galicia Calidade.

O Pazo de Altamira, así como o seu restaurante Café de Altamira, pertencen á plataforma Galicia Calidade Lecer, que agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería galegos con calidade certificada. Para poder optar a este selo de garantía, deben ter tamén o selo Q de Calidade turística e ofrecer, no caso dos restaurantes, unha oferta gastronómica con produtos avalados polos selos certificación de orixe de Galicia.

Pero onde está a calidade neste hotel compostelán? María atrévese a contestar a continuación ás nosas 'Preguntas con Calidade'.