fbpx
CompostelaEntrevistas

Susi Gesto Ourive: “Cada peza que sae do meu taller conta unha historia”

Por Rebeca Munín

Filla e neta de ourives, Susi Gesto ten un taller na Zona Vella que chama 'O Recanto'. "Máis que un proxecto comercial, este é un proxecto de vida", sinala.

Esta artesá, á que entrevistamos dentro do noso especial sobre proxectos que conten coa marca Artesanía de Galicia da nosa cidade, realiza pezas personalizadas, únicas e que teñen unha historia detrás.