A mellor selección de tés e infusións

Máis de 17 anos vendendo tés nesta cidade, máis de 120 mesturas diferentes de tés e infusións.
Agora que se achegan as Festas queremos compartir con vós a nosa mestura estrela: o Té de Nadal. Unha mestura que combina améndoa, canela, mazá doce e laranxa...
Se aínda non o coñeces, vén á nosa tenda a probar o té negro, vermello, verde ou rooibos de Nadal. Con esta infusión, unha mantiña e boa compañía xa tes o mellor destas Festas na casa.