Fran Rodríguez: “As madeiras das miñas guitarras veñen sempre de bosques controlados”

Franfret Handmade Guitars é o proxecto de Fran Rodríguez, que fabrica guitarras e baixos eléctricos de alta calidade e feitos a man.

El encárgase de todo o proceso de elaboración, sempre con madeiras certificadas de zonas que estean controlados. "Os nosos bosques forman parte do sustento do noso oficio e temos que coidalos", afirma. As súas pezas son homenaxes á música e a músicos famosos como Mark Knopfler, e ten entre as súas creacións dous modelos predilectos: Zeltia e Wind of Hearts.

Esta conversa coa revista Pincha enmárcase dentro do especial 'Entrevistas con xeito', nas que coñecemos 'o xeito' de traballar de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia.