fbpx

III Xornadas Profesionais Artesanía no Prato

When:
21 Novembro, 2021 @ 11:30 a.m. – 9:00 p.m.
2021-11-21T11:30:00+01:00
2021-11-21T21:00:00+01:00
Where:
Cidade da Cultura de Galicia
Os próximos días 21 e 22 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela as III Xornadas Profesionais Artesanía no Prato, organizadas pola Fundación Artesanía de Galicia en colaboración con Galicia Calidade dependentes da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación  e dirixidas a establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño.
A artesanía e a gastronomía son parte fundamental da cultura e da nosa identidade. Un reclamo turístico, económico e cultural que encaixan nunha perfecta maridaxe. Estas xornadas supoñen un punto de encontro entre profesionais no que se evidencia o potencial do valor da artesanía no ámbito da hostalería, da restauración e da decoración de interiores.
Nesta terceira edición contarase coa participación de 33 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados en diferentes oficios, cun programa de showcookings a cargo de chefs galegos de recoñecido prestixio, así como un espazo de coloquio sobre o papel da artesanía e do produto de proximidade no ámbito da gastronomía.