Axenda
- Categories
-
Tags
a baña A banda da Loba A Corula A Coruña A Estrada A Pobra do Caramiñal aCentral Folque Acrobacias actividades Afundación Agadic Agolada Alameda Ames Apóstolo Apóstolo 2022 Area Central arpa arte arte urbana Artes vivas artesanía Artesanía de Galicia Artesanía no Prato Arzúa Ascensión Asociación Hostelería Compostela Atardecer no Gaiás Atlantic Pride Atlántica Auditorio Abanca Auditorio de Galicia Auditorio do Centro Sociocultural Ágora Auditorio do Fórum Metropolitano Ballet Banquete de Conxo Benéfico Bertamiráns Biblioteca de Galicia Biblioteca provincial da Coruña Biblioteca Pública Ánxel Casal Biduído BLUE espazo de creación Bodegas Martín Códax Boimorto Boqueixón Boucatise Boyanka Kostova Brión Café Derby caldo de gloria Cambados Camiño de Santiago Campus Sur Cans carreira Casa da Troia Casa da Trova Casa das Crechas Casa do Cabido Casa Museo Casares Quiroga Castelao cata CDG Cemiterio de Bonaval Centro Cívico do Ensanche Centro Cultural Fernando Casas de Novoa Centro Don Bosco Centro Dramático Galego Centro Social ABANCA Centro Sociocultural Ágora Centro Sociocultural de Santa Marta centros socioculturais cervexa Cervezas Alhambra CGAC Chévere Ciclo de Lied Cidade da Cultura cinema cinema galego Cinenterraza Cineuropa circo Ciudad Deportiva de Riazor Clusaga cociña Coliseum comercio comercio local Compostela Compostela Ilustrada Compostela swing concerto concertos concierto concurso Concurso Tapas Picadillo Conxo Coruña Cociña Couso Cristina Pato cultura cultura inclusiva cultura popular cultura urbana curtametraxe Curtocircuíto Danza debate debuxo Delas Fest Deluxe Día da Música Día das Letras Galegas Día de Rosalía Día dos medios en galego Día Internacional dos Museos dj Dospasos eMe Music Club Entroido Espectáculo Estrelas Michelin Estrella Galicia ExpoCoruña exposición Facom Fest Facultade de Xeografía e Historia Fanzine Fest Feira do libro Feirarrúa Feito a Man feminismo festa Festa da Filloa festa da uña Festa do Apego Festa do Banquete Festa do Queixo Festas da Ascensión Festas da Madalena Festas da Peregrina Festas de María Pita Festas do Apóstolo Festigual festival Festival +QJazz Festival Amal Festival Atlántica Festival C Festival Maré Figueiras Fillas de Cassandra filloa Focus Galicia Fonseca formación Fórum Metropolitano fotografía fotoxornalismo Fundación Granell Fundación Luis Seoane Fundación SGAE Galego Galicia Galicia en Copas Galicia Escena Pro Galicia Forum Gastronómico Galicreques Garufa Club gastronomía Grande Amore Hall Proa de Palexco Hens hostalaría hostelería Hotel Monumento San Francisco Humor igualdade Ilusionismo ilustración inauguración itaca jazz Jazz Filloa Kirk Fletcher La Bien Querida Lacónicas lamprea Lavacolla Leo Harlem lestedo Libraría Couceiro libro Liceo de Noia literatura Lorca Los Secretos Lucía Freitas Luigi Ludus Luz Fandiño Luz Poética Mag Edgard mago Mago Teto malabares María Magán Lampón María Pita Martín Códax Matarile Teatro Matogrande MEGA Mercado das Nubes Mercado de Abastos Mercado de San Agustín Mercado Galego da Creatividade MICE Milladoiro Moda momentos alhambra Mon Band monicreques monólogo Monte do Gozo Morriña Fest Mostrart Muelle de Batería muller Multicines Compostela Multiusos Fontes do Sar Museo Casa de la Troya Museo Centro Gaiás Museo da Maxia Museo das Peregrinacións Museo do Pobo Galego música música contemporánea musical Nadal narración oral Negreira NH Collection NH Collection Santiago Nick Moss Band Noia Noia Harp Fest Noite Bohemia Noite do Patrimonio Noites do Porto noitiNHas Numax O Lagoeiro o Teatro Principal obradoiro obradoiros Orgullo 2022 Ortiga Os Catro Gatos Outono Códax Outono Códax Festival Pablo Milanés Padrón Palacio da Ópera A Coruña Parque de Bonaval Parque de Santa Margarita patrimonio Pazo da Peregrina película Pencil & Fork performance piano Picadillo Picasso pintura Plataforma poesía Praterías Praza 8 de Marzo Praza da Inmaculada Praza da Quintana Praza de Mazarelos Praza de Mª Pita presentación Prima23 Queen queixo Quintana Raniero Fernández Rebel Wine Fest Redrum Teatro restaurante Restaurante Casa Barqueiro Revera Vinum Riquela Riquela Club Roberto Verino rock Rosalía de Castro Rúa do Vilar rural rural galego rutas Ruxe Ruxe S8 Sala Capitol sala casablanca Sala eMe Music Club Sala Garufa Sala Malatesta Sala Mardi Gras sala rique Sala Riquela Sala Sónar Salón Teatro San Lázaro San Martín Pinario San Martiño Pinario San Pedro San Simón San Xoán Santiago Santiago(é)Tapas Satiago(é)Cóctel Sede Afundación da Coruña SELIC Sergio Dalma Sés SGAE showcooking Sigüeiro Soho Orzán solidario SolporSon swing Tanxugueiras tapas tatuaxes teatro Teatro Colón Teatro Principal Teatro Rosalía de Castro Teo turismo turismo sostible uñas usc Vedra Vibra Mahou viño viños Voadora WOS festival Xabier Díaz Xacobeo Xela Arias Xira Xoves de Códax Zahara Zona C
A concelleira da área de Benestar Social da Coruña, Yoya Neira, presentou a sétima edición do Festigual, que ofrecerá unha quincena de espectáculos e eventos culturais do 1 de novembro ao 3 de decembro, data na que se conmemora o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Todos os espectáculos son gratuítos e ata completar capacidade. Neira estivo acompañada de Avia Veira, deputada provincial; o músico Robert Pier, de TresxCuatro; e a saxofonista Sophie Simonds. Á presentación asistiu tamén Belén Rey, directora de comunicación da Fundación María José Jove.
“Festigual segue apostando por unha arte para todos, no que todos poidamos ser artistas e espectadores e abrir as nosas mentes para que a cultura sexa cada vez máis transversal e accesible”, sinalou Neira. “Nesta sétima edición Festigual dá un paso máis aló na inclusión e non só acollerá expresións artísticas de persoas con diversidade funcional. Tamén abrirá a porta a outros tipos de inclusión, en todos os ámbitos e en todas as franxas de idade”, engadiu.
Nese sentido, destaca o espectáculo que pechará o festival o día 3 de decembro no Ágora, un concerto de Pandereteiras Sen Fronteiras (Pan Sen Fron), que tras percorrer o mundo vén á súa cidade para presentar un espectáculo no que traballou cos veciños e veciñas do barrio do Campanario e que fusiona a música tradicional galega coa riqueza da cultura xitana.
Festigual fíxase este ano tamén noutros sectores vulnerables. É o caso dos mozos e mozas que viven en pisos tutelados. A obra teatral “Soños”, escrita por dúas persoas que coñecen ben esta realidade, está destinada a centros escolares e poderase ver o 22 de novembro no CC Os Mallos.
Tamén para os centros escolares, pero para os nenos máis pequenos, está programado o espectáculo “E meu amigo?” de Caxoto e Xema Santos o 30 de novembro no CC Os Mallos. Dentro desta aposta pola inclusión destaca tamén un espectáculo para toda a familia, o musical “Dumbo”, no que o famoso conto popularizado por Disney serve para falar do acoso escolar e as súas consecuencias. Será no Teatro Colón o 1 de decembro ás 18.00 horas.
Ademais destas novidades, retorna a gala “Música baixo as Estrelas”, no que se volven a subir ao escenario artistas da rúa da nosa cidade tan coñecidos xa como Sophie Simmonds, Krece, Tecla Negra e que contarán este ano coa intervención de Píscore, un dos grupos teatrais que mellor fusiona música e humor. Será o 1 de novembro no Teatro Colón ás 19.00 horas.
Haberá de novo espazo para a danza inclusiva con Experimentadanza que nesta edición de Festigual ten ademais unha colaboración coa banda municipal ao redor de Picasso que poderá verse no Ágora o 8 de novembro e que tamén visitará distintos centros escolares. A banda municipal este ano vai participar tamén co grupo TresxCuatro e Robert Pier nun concerto de música inclusiva no Teatro Colón o 23 de novembro ás 20.00 horas
En cinema hai unha estrea: o documental de Iría Grajal sobre a musicoterapia e os seus efectos beneficiosos sobre as persoas con discapacidade que poderá verse o 3 de novembro na Fundación Abanca ás 18.00 horas.
Como en anteriores edición, hay persoas e entidades da cidade que achegan sempre os seus proxectos artísticos a Festigual: Poten100mos, Participa, Proxecto Máscara e a asociación cultural Negus. Tamén a Once e o seu grupo de teatro Valacar e outras institucións como o Colexio de Médicos, que ofrece unha xornada de arte e saúde o día 1 de novembro.
Pola sua banda, a Sociedade Filatélica da Coruña promove a exposición “Un xenio volve á casa” do 30 de novembro ao 17 de decembro na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Tamén os Amigos do Museo de Belas Artes estarán o 15 de novembro no teatro Colón e o 3 de decembro no Ágora para que os asistentes aos espectáculos deses dous días poidan vivir a experiencia do seu museo virtual. Esta actividade tamén é de balde, mais hai que anotarse na web.
“Un ano máis, Festigual ofrece un programa moi completo, de alta calidade artística, para todas as idades e que demostra que esta cidade, tamén na expresión artística, non deixa ninguén atrás”, rematou Neira.