Vegalsa-Eroski e Galicia Calidade poñen en marcha unha campaña para apostar por provedores galegos

Vegalsa-Eroski pon en marcha unha acción de promoción dos produtos amparados polo selo Galicia Calidade durante a primeira quincena do mes de xuño. Enmarcada dentro da iniciativa “Aposta polos Provedores Galegos”, que se levará a cabo ao longo de todo o ano na rede comercial da compañía, esta campaña foi presentada hoxe nun acto celebrado no Eroski Center de Teo.

Trala presentación oficial, celebrouse un showcooking  con produtos Galicia Calidade da man do cociñeiro cunha Estrela Michelín, Yayo Daporta, ademais da exhibición de corte de xamón co campión de España, José Míguez, e unha degustación de viños certificados a cargo da sumiller Esther Daporta.

Vegalsa-Eroski traballa con 27 provedores e cuenta con 214 referencias amparadas baixo este selo de calidade en categorías como viños, cervexas, augas, lácteos, ovos, conservas, carnes, embutidos, froitas e hortalizas, cunha facturación no ano 2016 de 11,5 millóns de euros.

Con esta iniciativa, estes produtos certificados aparecerán destacados nos lineais dos supermercados e hipermercados de Vegalsa-Eroski. Editarase tamén un folleto onde estes produtos aparecerán diferenciados. Ademais, haberá eventos, agasallos e sorteos:

2 de xuño

Almorzo “Galicia Calidade” co barista Óscar de Toro no Eroski Center de García Barbón (Vigo)

3 de xuño

Sorteos e agasallos no Eroski Center de Pérez Cepeda (A Coruña)

5 de xuño

Sorteos e agasallos no Hipermercado Eroski de Ribadeo

6 de xuño

Sorteos e agasallos no Eroski Center de Mos e no Hipermercado Eroski de Ponteareas

7 de xuño

Sorteos e agasallos no Hipermercado Eroski de Noia

8 de xuño

Sorteos e agasallos no Eroski Center de Seixalbo (Ourense)

9 de xuño

Sorteo e agasallos no Eroski Center Ribeira

10 de xuño

Showcooking con produtos certificados por Galicia Calidade da man de Benigno Campos de Larpeiros no stand de Vegalsa-Eroski no Salón Salimat-Feira de Silleda

11 de xuño

Showcooking con produtos certificados por Galicia Calidade no stand de Vegalsa-Eroski no Salón Salimat-Feira de Silleda

12 de xuño

Sorteos e agasallos no Cash Record do Polígono do Tambre (Santiago de Compostela)

13 de xuño

Sorteos e agasallos no Cash Record da Rúa Ventura González (Vigo) e no Eroski Center de Vilalonga

14 de xuño

Sorteos e agasallos no Eroski Center de Xinzo de Limia (Ourense)

15 de xuño

Cata de viños certificados por Galicia Calidade coa enóloga Cristina Murga no Cash Record do Polígono de A Grela (A Coruña)