fbpx

Isaac Romero: «Busco que o cliente se sinta especial cando leva algo de Coiraxe»

Por Rebeca Munín

Di o artesán Isaac Romero que Coiraxe é o "soño dun neno". Empezou traballando a pel sendo un adolescente de maneira autodidacta, como unha afección, ata que xa de maior, e tras formarse, decidiu converter a súa paixón na súa profesión. Hoxe en día crea con este material complementos -cinturóns, bolsos, carteiras...-, bixutería e incluso pezas de mobiliario. Uns traballos nos que coida moito ata o máis mínimo detalle.

Coiraxe parte de tres principios básicos: o respecto pola técnica e a tradición, o respecto polo medio ambiente e o valor do diferente e singular. "Busco que o cliente se sinta especial cando leva algo da miña marca", explica.

A nosa conversa, que podedes ver a continuación, enmárcase dentro do especial 'Entrevistas con xeito', que estamos a facer con artesáns e artesás que contan coa marca de Artesanía de Galicia.