fbpx

Axenda

Xan
19
Ven
Ciclo Principal de Primavera Teatro Rosalía de Castro
Xan 19 – Mai 25 all-day

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Coruña, Gonzalo Castro, presentou a programación do Ciclo Principal de Primavera 2024 do Teatro Rosalía de Castro, que inclúe un total de doce espectáculos que terán lugar entre o venres 19 de xaneiro e o sábado 25 de maio.

Castro, acompañado polo director do Teatro Rosalía de Castro, Paulo Rodríguez, puxo en valor “o traballo que se leva desde hai anos no Rosalía, que ten conseguido ser un referente a nivel estatal, cunha programación continuada que alberga moitísimos estilos e unha actividade moi recoñecida. Disto dá mostra o feito de que se teña batido o récord de abonados para este Ciclo”.

‘La Celestina’, con Anabel Alonso, abre a programación a mediados de xaneiro

O Ciclo Principal de Primavera 2024 abrirase cunha viaxe aos últimos anos do século XV, coa recuperación dunha obra clásica de la literatura española como é a traxicomedia ‘La Celestina‘, de Fernando de Rojas. Eduardo Galán é o autor desta adaptación teatral, dirixida por Antonio C. Guijosa e na que Anabel Alonso representa á alcaiota que consegue, mediante artimañas, que Melibea (Claudia Taboada) namore de Calisto (Víctor Sainz).

Entre os títulos da programación, Paulo Rodríguez destacou especialmente a adaptación e dirección de versión executada por Declan Donellan dun clásico de Calderón de la Barca, ‘La vida es sueño‘, “un dos pratos fortes da programación”, protagonizados por Ernesto Arias e Prince Ezeanyim. Chegará ao Teatro Rosalía de Castro os días 23 e 24 de febreiro.

Ademais, o público asistente tamén poderá disfrutar de pezas como ‘El padre‘, con José María Pou, e cunha coprodución de Chévere, o Centro Dramático Nacional e Teatre Lliure, ‘Helen Keller, a muller marabilla?‘, inspirada na primeira persoa xordocega en obter un título universitario no ano 1904. Integran o elenco Patricia de Lorenzo, Ángela Ibáñez e Chusa Pérez.

Haberá tempo, ademais, para achegarse á historia de Nevenka Fernández, a muller que en 2001, e por primeira vez na historia de España, gañou un xuízo por acoso sexual a un político, sentando a un alcalde no banco dos acusados. Gema Matarranz, Ales Furundarena e Marta Megías son as e os grandes protagonistas da obra, dirixida por María Goiricelaya. Haberá dúas xornadas sobre as táboas: os días 8 e 9 de marzo.

O Ciclo Principal de Primavera 2024 pecharase os días 24 e 25 de maio con ‘El traje‘, un espectáculo teatral dirixido por Juan Cavestany e interpretado por Javier Gutiérrez e Luís Bermejo.

CONSULTA AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO.