fbpx
EntrevistasGalicia

Nacho Porto, ceramista: “As miñas pezas falan de min”

Nacho Porto leva desde 1979 creando cerámica de autor, con diferentes liñas que van desde vaixelas personalizadas -tamén para nenos-, ata bestiarios -mestura de persoas e animais mitolóxicos-, ou pezas contemporáneas para gardar USB´s e mesmo altavoces para o móbil. O mellor é que cada creación conta a súa propia historia, o que lle mereceu xa varios premios.

Na nosa 'Entrevista con Xeito' con el, que forma parte do especial con artesáns e artesáns que forman parte da marca Artesanía de Galicia, podemos coñecer a súa casa-taller visitable polo público en Carnota.