fbpx
CompostelaEntrevistas

Sandra de Rego, Amorote: “O meu traballo consiste en sacar as marabillas que ten Galicia e estampalas” 

Por Rebeca Munín

Sandra, no seu taller. Foto: Artesanía de Galicia

Amorote é un estudo de deseño multidisciplinar e estampaxe artesanal, situado no concello de Ames. "O meu traballo consiste en sacar as marabillas que ten Galicia e estampalas", explica a súa directora, Sandra de Rego.

A deseñadora recíbenos de xeito virtual no seu taller para falarnos da súa marca e de como está a vivir a crise do Covid-19.

A deseñadora protagoniza outra das 'Entrevistas na Corentena' da Revista Pincha dentro dun especial con artesáns da zona de Compostela que forman parte da marca Artesanía de Galicia. Podedes ver a nosa conversa completa a continuación.