fbpx
CulturaGaliciaNovas

OUR Fest reunirá o 14 de setembro en Ourense a Jake Bugg, Miles Kane, Yard Act, Teenage Fanclub e Los Enemigos

Teenage Fanclub.

O próximo 14 de setembro, Ourense acollerá a terceira edición de OUR FEST, un festival emblemático que marca o peche do verán cun despregamento das mellores bandas internacionais e nacionais de pop-rock alternativo. Este festival, que se converteu nunha cita ineludible para os amantes da música en directo, celebrarase no recinto de Expourense, ofrecendo unha experiencia única que fusiona o mellor do rock alternativo, o indie e a diversidade de estilos.

Entre os artistas que actuarán atópanse Jake Bugg, o cantautor británico que traerá o seu estilo folk rock e as súas letras introspectivas, e Teenage Fanclub, a icónica banda escocesa de power pop e rock alternativo coñecida polas súas harmonías vocais. Yard Act, a banda británica de post-punk, chegará co seu enfoque satírico e crítico en temas sociais, mentres que Miles Kane, recoñecido polo seu traballo en The Last Shadow Puppets e a súa carreira en solitario, achegará a súa enerxía mod e glam rock a Ourense. Ademais, Los Enemigos, a lendaria banda española de rock, ofrecerán o seu característico son que deixou pegada na escena musical nacional e Caballo Prieto Azabache, a banda galego-madrileña coñecida por compoñer himnos para a alegría triste e temazos para celebrar a tristeza alegre, traerá a súa enerxía contaxiosa.

As entradas para terceira edición de OUR FEST en Expourense xa están á venda a través de ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 40€ (+ gastos de xestión).

A segunda edición de OUR FEST, celebrada o ano pasado, foi un rotundo éxito que atraeu a máis de 4000 persoas a Ourense para gozar dun ambiente vibrante e actuacións inesquecibles como as de Suede, Shame, Kula Shaker…. Este éxito débese en gran parte á decisión de manterse fiel a un estilo musical que mestura o mellor do rock alternativo, o indie e a diversidade de estilos, ofrecendo unha experiencia única que satisfai a un público diverso e interxeracional. Na súa terceira edición, OUR FEST comprométese a seguir esta tradición en colaboración con Xunta de Galicia, a través da axencia de Turismo de Galicia e Xacobeo, Deputación de Ourense, Concello de Ourense e Estrella Galicia, para levar aos asistentes a unha viaxe musical que fusiona artistas de renome nunha única xornada en Expourense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.