fbpx
CompostelaCulturaNovas

Os mellores músicos de Nova Orleans actuarán en setembro en Santiago no Holanola Lab-Fest

Sabine McCalla.

A terceira edición do Holanola Lab-Fest celebrarase en Compostela entre o 17 e o 22 de setembro. O festival trasladarase despois a Ourense, os días 25 e 26, e rematará en Madrid o 27 e 28.

O Holanola Lab-Fest centra o seu programa nunha experiencia xurdida despois do furacán Katrina nos músicos de rúa – algúns deles viaxeiros de trens de mercadorías que, perseguindo o espírito de Woody Guthrie, foron parar a Nova Orleans para fundar unha comunidade ao redor da música folk, pero co espírito e a colaboración de moitos músicos locais da escena do jazz.

O cartel da terceira edición deste festival está encabezado por Sabine McCalla, Duff Thompson, Sam Doores e Kiki Cavazos – sendo os dous últimos pioneiros en facer algo único nunha cidade onde o máis importante é a música. O programa complétano Steph Green, Gina Leslie, Max Ben Kahn, Howe Pearson, Casey Janes, Leonie Evans, Noel Mc Kay e Silver Lining Serenades.

Serán especialmente reseñables as actuacións de Sabine McCalla con Duff Thompson e Max Ben Kahn na Sala Capitol de Santiago o venres 20 de setembro; e os concertos de Café Berlín en Madrid o venres 27 de setembro con Duff Thompson, Max Ben Kahn & HOLANOLA Fest Band, e o sábado 28 con Sabine McCalla, Sam Doores & OLA NOLA BAND.

Holanola Lab-Fest é un espazo único que non só presenta un cartel con grandes músicos. Charlas, encontros entre os músicos chegados de New Orleans e creadores deste lado do Atlántico e outras actividades completan a oferta do festival.

Formación propia
HOLANOLA Fest Band é unha agrupación propia do festival que presenta un espectáculo onde todos os músicos participantes convidan ao público a un ritual conxunto, onde se mesturan as formacións e cada un deles vai rotando polo escenario defendendo as diferentes propostas musicais. Unha festa sen guión en forma de jam session de primeiro nivel, onde non só haberá espazo para a experimentación e improvisación conxunta destes mestres, senón tamén para a interpretación de patróns musicais clásicos do outro lado do Atlántico.

PROGRAMACIÓN

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Martes 17 – Fuco Lois Bar

Set acústico homenaje a Lucinda Williams (con Gina Leslie & Noel)

Mércores 18 – Borriquita de Belén

Jazz dende Nova Orleáns en Borriquita de Belén con Silver Lining Serenades

Mércores 18 – Sala Riquela

Kiki Cavazos & Pajaro Sunrise

Xoves 20 – Sala Capitol

Sabine Mc Calla, Duff Thompson & Max Bien Kahn

Vernes 21 – Sala Riquela

Sam Doores & Casey Jane + Julian Maeso Sexteto

OURENSE

Mércores 25 e xoves 26 – Café Torgal

HOLANOLA Fest Band

MADRID

Vernes 27 – Café Berlín

Duff Thompson, Max Bien Kahn & HOLANOLA Fest Band

Sábado 28 – Café Berlín

Sabine McCalla, Sam Doores & HOLANOLA Fest Band

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.